lunes, 18 de noviembre de 2013

Novidades Narrativas en Galego



Bos días a todos pola mañá:

Para escomenzar esta semana vouvos a falar de dúas das novidades que están a dar máis que falar nas librerías Galegas. A memoria da Choiva e o Solpor da Cupletista, ambos de Edicións Xeráis, editorial que moi amablemente accedeu a manterme informada mediante e-mail das principais novidades que vaian aparecendo no seu catálogo, e polo que lle dou as grazas.

Pois ben o primeiro dos libros a Memoria da Choiva a editorial fala así del:


A verdade é que a min persoalmente encantaríame lelo, tan só ler a súa sinopsis e algunha que outra crítica que puiden atopar na rede fíxoseme a boca auga.

Por outro lado, a segunda das novidades que nos trae Xerais, sería O Solpor da Cupletista de María Xosé Queizán, unha autora que a min tenme namorada coas súas obras. Lela sempre é un auténtico luxo, e ademáis cunha obra como esta, baseada no misterioso personaxe da Bela Otero, que dende ben cativa me fascinou. Outro máis para anotar na miña biblioteca de pendentes.

Aquí vos deixo a ficha do propio libro a ver se vos animades porque está do máis interesante:

Por certo, o diseño da portada deste libro, paréceme do máis acertado, encántame e consegue transmitirme parte do misticismo da Bela Otero e dunha época xa perdida.

Un saúdo e espero que vos animedes a facer algunha destas lecturas e a comentarme despois as vosas sinceras opinións.

Bo Luns e Boa Semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario